viernes, 12 de abril de 2013

A vida de Xulia.



Luns, 29 de Agosto de 2013
Oxe comezo unha vida nova. Oxe fago punto e a parte. Borro o malo e espero o bo. Crezo como persoa e deixo atrás o que me dana.  Adeus  aos que me fixeron derramar bágoas de dor.  Adeus a todos eses que estaban na miña contra. Adeus a os amores perdidos.
Chámome Xulia, Xulia Rodríguez Pérez.  Según din os demais, son rara e extravagante, son a diferente do grupo.  Según eu son a especial, a que non sigue as normas do normal e a que non forma parte deste mundo de persoas iguais, de robots.
Parecerá tonta a miña forma de falar, parecerei infantil. Pero a partir de oxe  tanto me ten o que digan os demais. Serei eu, a verdadeira Xulia.
Pero así son, unha expecie por descubrir. Vou contar o meu primer segredo, non teño amigos. Eses cos que comparto o meu día a día, son unha mentira mais. Cando me quede soa e ninguén esté ahí, ese día comprenderei que o único que nos queda é o amor, e que ese amor se agota pouco a pouco.
Termino decindo que grazas aos que me insultaban, grazas aos que me pegaban, grazas aos que me humillaban, porque grazas a vos, fixenme mais forte.
Benvidos ao mundo de Xulia. Benvidos  ao meu mundo.

Xoves, 27 de Xulio de 2013
Por onde comezo? Onte acabaron as clases, comezou a liberdade. Todo aprobado, que sorte a miña. Sabes algo? Dentro de dous días verei a Xavier, as miñas ganas aumentan pouco a pouco. Sinto un nó na garganta dende que me enterei esta mañá. Levo tanto sen velo que nin sei como actuarei. Non sei que lle pasa ao meu corazón, só sei que cando o vin a última vez tiñamos un comportamento raro, e non acabo de comprender a razón.  
Sei que hai algo entre os dous, e que non quero perdelo. Pero iso non é suficiente. Él busca a rapaza perfecta. Loira, alta, guapa, atractiva, popular…e eu son unha desas personas diferentes que sigue dormindo co seu boneco preferido, que sigue soñando con príncipes e princesas.
Dous días, e todas as preguntas que se agochan na miña cabeza encontrarán as respostas que necesitaban.
Xulia despídese coa cabeza a punto de estallar.

Venres, 28 de Xulio de 2013
As horas non pasan, os días fanse éternos. Non teño ganas de comer, e pola noite, mergúllome nos meus pensamentos, e solo quedo eu, nun lugar escuro, sen ninguén que me saque del. Esta noite non dormirei nin un pouco, rondan demasiadas cousas pola miña cabeza. Este verán pasarán moitos sucesos, presíntoo. Pero eso só o tempo o sabe, só queda esperar.
E se resulta que me gusta? E se eu non lle gusto? E se é outro amor deses que me fan sufrir? E se o paso mal de novo? Prometín non chorar por amor, que pasa se non consigo cumplir a miña promesa?
E Xulia ten medo a amar, non é a mesma dende que se namorou daquel moreno imposible.

Sábado, 29 de Xulio de 2013
Oxe foi un día tan raro, tan frustante, tan único, tan especial. Que digo? Teño tanto que contar… Vin a Xavier, e con eso dígoo todo. Primeiro, teño que explicar quen é Xavier, porque creo que non o expliquei. É un amigo que teño dende pequeña, tiven pequenos problemas con el pero iso quedou no pasado, cando na semana santa do 2012 me comezou a gustar. E agora que xa se sabe quen é, comezo a contar. O primeiro día é o peor, non falamos, non nos diriximos  a palabra. Hola e adiós. Nada máis. Algunha mirada veloz. E porfin chegou a noite, e comezaron a nacer palabras, comezamos a falar coma se nada.  Era unha mezcla rara. Pero sentíame ben. Os silencios non eran incomodos, as sonrisas non eran forzadas. E comezaron a entrarme unas ganas tremendas de darlle unha aperta e non soltalo cando dixo ata mañá.
Quere que cada día sexa perfecto, que polas noites se despidan como un beixo, Xulia solo quere que a queiran de verdade.

Sábado, 5 de Agosto de 2013
Comezo a pensar que en solo unha semana parece que estiveramos meses xuntos porque sinto miles de cousas a vez. Un sorriso, unha mirada, unha palabra… todo nel é bonito. Será que me gusta mais que onte? Por que cando estou con el sorrio sempre? Por que me importa tanto? Por que me gusta tanto telo ao lado? Necesito tantas respostas e teño tantas preguntas… Se poidera describir como está agora a miña cabeza, comprenderiades porque non teño as ideas claras. Eu, que sempre sei o que quero, perdín o coñecemento do que sinto. Oxe é a festa do meu pobo e deume todo igual, simplemente quería estar con él, dábame igual que un grupo de anciáns cuchichearan e me criticaran, porque os demais, non entenden o que hai entre no-los dous.
Sinte o día a día coma unha pedra no lombo, non sabe se tirala e volver a amar, ou se seguir o seu camino con ela enriba, Xulia ten medo a perder de novo.

Martes, 8 de Agosto de 2013
Xa sei o que quero, xa sei o que necesito, a un rapaz chamado Xavier. Simplemente necesito a razón dos meus sorrisos, necesito a batería que mantén ao meu corazón en movemento, necesito a persona que todas as mañás me ven buscar a casa.
Sabes? Cando se me acerca o corazón láteme a mil por hora, temblanme as mans, o meu corpo é un flan, non me sae a voz e as mariposas móvense no meu estómago case a punto de saír del. Pero dóeme velo e non poder darle un beixo infinito, doéme sentilo cerca pero non poder tocalo, doeme falarlle de amor e que mencione a outras, dóeme a distancia que nos separa día tras día. Dóeme non telo e sentirme vacía.
Seu corazón non pode máis, necesita sair ao exterior e gritar que o quere, e eso fará, por fin Xulia perdeu o medo a amar.

Domingo, 13 de Agosto de 2013
Agarroume da mán e díxome que sempre estaría ahí, que non me ía deixar soa, que podía confiar nel. E biqueino. Os seus beizos eran suaves, os seus ollos iluminábanse, as súas máns temblaban tanto como as miñas e o seu corazón ía tan rápido coma o meu, dous trens a punto de colapsar. E todo isto por unha mala tarde, por catro bágoas e unha familia rota. Por unha discursión, por medo a perdelo, por medo a non volver a velo. E se todas as tardes fosen coma esa, non dudaría en chorar, porque se logo de cada bágoa recibo un bico tan dulce como os de el merece a pena.
O ceo volve estar azul, e a tormenta que perseguía a Xulia retirouse.

Xoves, 18 de Agosto de 2013
Son os días mais felices da miña vida. Por fin deixei de esperar, por fin se cumpriron os meus soños. Cumpriuse todo o que desexaba. Deixei de finxir sentimentos, deixei de intentar que non notaran o moito que o quero. É o que levo buscando moito tempo. É o que me insulta e me defende. É o que me pega e me abraza. É o que me sorrie e me fai a puñeta. Tan borde e tan simpático a vez. Tan casi perfecto… E encántanme as súas pecas, os remolinos que ten pola cabeza, o seu pelo despeinado. Encántame cando me di que me quere, cando me abraza tan forte que por pouco me axifia, cando me defende, cando me agarra da man e cando me leva ao colo.
Por fin é feliz, sinte algo tan forte que quere grítalo aos catro ventos, Xulia namorouse.
Domingo, 28 de Agosto de 2013
Mañá vaise, este é o noso último día. Como o celebramos? En Verín, saíndo a cear. E como acabamos? Mal. El íase, marchaba, e María, a rapaza a que máis odio neste mundo, acercouse e insultoume. Que fixen eu? Pegarlle.  Durante a pelexa Xavier intentou separarnos e discutimos, mentres María aproveitaba e se ía. Logo da discursión Xavier foise, deixándome soa. A ira apoderouse de min e o único que quería era encontrar a María, vingarme. Pero como todos sabemos a vinganza non trae nada bo, e iso pasou. Estaba acompañada de un grupo de persoas. Só recordo que me comezaron a pegar e que espertei no hospital, sen noticias de Xavier. O último que sei del e que me deixou, non lle gustaba o meu lado agresivo, o meu lado máis forte. Non me queda de outra que asimilar que todo acabou.
Volve ser como antes, unha pedra tapada con area. Xulia prometeuse a ela mesma que vai pasar páxina.

Luns, 29 de Agosto de 2013
Agora que estou sen el, non quero levantarme polas mañás, os días son largos e aburridos, nada ten sentido. El era o centro de todo, el era a razón da miña existencia, e se non está, eu non pinto nada neste mundo.
Así que oxe comezo unha vida nova. Oxe fago punto e a parte. Borro o malo e espero o bo. Crezo como persoa e deixo atrás o que me dana.  Adeus  aos que me fixeron derramar bágoas de dor.  Adeus a todos eses que estaban na miña contra. Adeus a os amores perdidos.
Chámome Xulia, Xulia Rodríguez Pérez. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario